|
A terra na que a MDGA está a desenrolar a súa
actividade é eminentemente rural con dúas zonas moi definidas
que son a costa (ou a mariña) e a serra. Corresponde á zona
da mariña a terra costeira que está entre o río Navia
e o Eo ou o que o mesmo entre Navia e Ribadeo que son as dúas vilas
máis importantes e con máis puxanza. E é precisamente
esa relativa puxanza económica da mariña a determinante de que
o emprego do galego coloquial estea disminuindo en comparanza coa serra onde
o galego de Asturias é falado pola practica totalidade da poboación
se ben é verdade que se está apreciando un paulatino pro crecente
grado de castelanización sobre todo na xente máis nova en edade
escolar por mor da procedencia dos mestres das escolas que na súa maioría
vein da Asturias de fala non galega e polo tanto tein un descoñocemento,
condo non noxo e odio, total da nosa lingua.
O caracter rural da Nosa Terra condiciona asgalla as condicios de traballo
da MDGA pois inda que poida parecer unha esaxeración cuestios tan
aparentemente sen importancia como pode ser mercar unha certa cantidade
se sobres dun tamaño un pouco fora do estandar é pra nos un
problema pois obriganos a ter que recurrir ás papelerías de
Lugo ou de Oviedo. (selar as cartas)
Polo tanto non é mester ser moi argute pra ferse a pregunta de ¿por
que nunha terra administrativamente non galega xurde unha asociación
constituida por xentes tamén administrativamente non galegos, que
ten como obxetivo primordial a defensa da lingua e da cultura galegas? Pra
contestala permitídenos fer un pouco de historia:
En setembro do 1986 a Consellería de Educación Cultura e
Deporte do Principado por medio da Oficina de Política Lingüística
e máis a Academia de la Llingua Asturiana convocan en Navia (límite
oriental do dominio do galego) un cursiño que lle chamaron "de
llingua autóctona pa enseñantes". Tres meses despois
os dous "organismos" citados imparten outro cursiño de
características idénticas en A Veiga (xusto na fronteira coa
Galicia administrativa).
Nestos dous cursos viuse ás claras unha intención por parte
desas dúas instituciois de "bablizar a zona", que non é
nin mais nin menos que desgaleguizar (no máis amplo sentido da expresión)
esa parte do Principado de Asturias de lingua e cultura galegas.
Este intento de "desgaleguización" refléxase en
moitos detalles como no título dunha das conferencias do curso da
Veiga: "Demarcación de la zona dentro de las variantes asturianas",
onde o conferenciante estaba empeñado en demostrar que a lingua daquela
bisbarra (Ribadeo incluido) tiña que clasificarse dentro das variantes
do asturiano.
Outro detalle é que no cursiño de Navia parte das charlas
impartíronse en "asturiano normativo".
En vista das intenciois transculturizadoras das autoridades lingüísticas
asturianas crease o "Grupo de Eilao pola Defensa da Nosa Lingua".
Neste colectivo integrábanse mestres do concello de Eilao e Boal,
xunto con outra xente amante da súa lingua e da sús cultura.
Por esas datas poñémonos en contacto con Anton Santamarina,
Paco Fdez. Rei e coa MNL, concretamente con Xose Manoel Sarille, que se
ofrecen a axudarnos incondicionalmente.
A partir de eiquí o Grupo de Eilao dedícase a fer traballos
lingüísticos e a manifestar as suas sospeitas e as suas inquedanzas
dirixíndose ás autoridades políticas tanto de Asturias
como de Galicia pra solicitarlles que poñeran todos os medios pra
evitar un, mais que evidente, atentado cultural.
Poucos meses despois o Grupo de Eilao presenta á Academia de la
Llingua Asturiana un escrito (en castelán) con dous puntos nos que
literalmente decíase:
El Grupo de Eilao Pro Defensa da Nosa Lingua solicita que la Academia de
la Llingua Asturiana reconozca oficialmente los siguientes puntos:
1. En el Principado de Asturias son de habla gallega los quince concejos
siguientes: Boal, Castropol, Coaña, El Franco, Salime, Ibias, Illano,
Pesoz, San Grandas de Martín de Oscos, San Santa Eulalia de Tirso
de Abres, Oscos, Tapia de Casariego, Taramundi, Vegadeo, Villanueva de Oscos,
además de parte de los concejos de Navia, Villayón y Allande.
2. Consecuentemente, la Academia de la Llingua Asturiana evitará
cualquier injerencia en los citados concejos que, al ser de lengua gallega,
quedan fuera de su ámbito lingüístico.
Inda estamos esperando a contestación.
En xullo de 1988 o Grupo de Eilao contacta con membros dunha asociación
cultural de Ibias que se chama Antola e nese intre é condo empezamos
a plantexarnos a necesidade de fer unha asociación ciudadano-cultural
que teña por ámbito de acción toda a zona asturiana
de fala galega e máis a zona máis oriental da provincia de
Lugo.
Pensamos o nome, contactamos con xente afín á nosa idea e
redactamos nove principios básicos que tían e tein que ser
aceptados polos futuros socios da organización.
NACE DESE XEITO A M.D.G.A. (MESA PRA DEFENSA DO GALEGO DE ASTURIAS E DA
CULTURA DA COMARCA) que celebra en Grandas de Salime, o sou Congreso Fundacional
o 30 de Outubro de 1988.
Polo tanto pode decirse que a M.D.G.A. (Mesa pra Defensa del Galego de
Asturias e da Cultura da Comarca), naceu como unha reacción contra
as intenciois desgaleguizadoras da Consellería de Educación,
Cultura e Deporte do Principado de Asturias e da Academia de la Llingua
Asturiana. (Intenciois que ó noso bon entender e sobre todo no que
respecta á Academia siguen sendo as mesmas).
Inmediatamente os medios de comunicación asturianos (prensa e radio)
reaccionan con comentarios tendenciosos: "Se crea en Grandas la primera
asociación galleguista de Asturias", dice un periódico.
(É de suliñar que o calificativo de "galleguista"
é o que emplean desde Asturias toda as "forzas vivas" condo
pretenden insultarnos).
A Academia de la Llingua Asturiana, por medio do seu presidente insiste
en que é ela e nadie máis que ela "quien debe de cuidar
los derechos lingüísticos de todos los asturianos".
O conselleiro de Cultura, por aquel entonces o Sr. D. Manuel Fdez. de la
Cera, afirma que a MDGA é unha asociación como outra calquera
e insinúa que nunca chegará a ningun sito.
Pouco despois o 29 de Xaneiro de 1989 ten lugar en San Tiso de Abres a
I ASAMBLEA XERAL DA M.D.G.A. con asistencia masiva de afiliados, público
en xeral e de personalidades da cultura galega.
As reacciois dos medios de comunicación asturianos e dalgún
que outro galego son durísimas contra nos: "Los galleguistas
atacan a Asturias" dice na primeira páxina o xornal ovetense
La Voz de Asturias.
A Academia de la Llingua Asturiana volve a insistir coa necedade de sempre
decindo que é ela a que ten que velar polos dereitos lingüísticos
de todo-los asturianos.
As APA rexeitan o insino obligatorio ou optativo do galego de Asturias
(e de paso tamén do asturiano)
Un dos primeiros logros da MDGA foi contribuir á organización
do Curso de Extensión Universitaria: "Os caracteres xerais do
galego de Asturias" que patrocinado polo Vicerrectorado da Universidade
de Oviedo tivo lugar os días 15 e 16 de Marzo de 1990 na Facultade
de Filoloxía de dita Universidade
A celebración deste curso na Universidade de Oviedo pode decirse
que foi un dos máis grandes éxitos da MDGA pois é precisamente
en Oviedo, e dentro da súa Universidade, onde está un dos
mais grandes enemigos de noso e polo tanto do galeguismo asturiano. Estoume
a referir ó presidente da Academia de la Llingua Asturiana, o Sr.
Arias, quen tivo que soportar que por primeira vez na historia desa Universidade
celebrábase un curso sobre a problemática sociocultural e
lingüística da Terra Navia-Eo, no que o galego (xunto co castelán)
foi a lingua oficial, circustancia que nunca se dera co asturiano.
Pouco despois, en Setembro de 1990 publícaanse as NORMAS ORTOGRAFICAS
E MORFOLOXICAS DEL GALEGO DE ASTURIAS, redactadas por unha comisión
da MDGA constituida por: Xosé Carlos Alvarez Blanco, Xoan Babarro
Glez., Francisco Fdez. Rei, Celso Mnez. Fernández, Antonio Meilán
García e Antón Santamarina Fdez. Os autores sen renunciaren
á plena integración do galego de Asturias no galego común,
respetaron "de modo especial soluciois morfolóxicas e léxicas
caracterizadoras desta area lingüística del bloque oriental",
por tratarse dunha normativa de compromiso elaborada prá alfabetización.
Xa a finais de 1990, concretamente os días 15 e 16 de Decembro a
MDGA organizou en Grandas de Salime (Asturias) as "I XORNADAS DA LINGUA
E DA CULTURA GALEGA DE ASTURIAS" baixo o lema de: NA BUSCA DAS RAICES
DA TERRA NAVIA-EO, como homenaxe ó ilustre lingüísta
e poeta DAMASO ALONSO no primeiro cabodano da súa morte e coa finalidade
de "coñocer mellor as reices do noso poblo no mesmo lugar onde
nos costituímos como asociación". Enrique López
Fernández, Antonio Meilán García, Xoan Babarro González,
Francisco Fernández Rei, Celso Martínez Fernández,
Xose Luis Méndez Ferrín e Antón Santamarina Fernández
analizaron a complexa problemática sociocultural e lingüística
da Nosa Terra. As comunicaciois destas xornadas van a ser editadas por Ediciois
Xerais, se ben polas trazas que levan na editorial e tendo en conta que
a MDGA e o galeguismo transfronteirizo non "vende moito" e que
hai cousas máis apremiantes, ben veremos condo as poñen a
venda.
En septembro de 1991 editouse el libro "El Xabaril que quería
engalar" que é o primeiro número dunha colección
de libros de literatura infantil que se chama "Castelo das Letras";
o segundo número titulado "Contos populares da Terra Navia-Eo",
nestos intres xa está no prelo.
Nos meses de abril e xullo deste ano de 1992 saíron os número
cero e un de A FREITA, unha revista editada por nos, toda en galego, que
ademáis de ser o organo difusor da M.D.G.A. será un medio
pra loitar contra os ataques antigaleguistas que tan acotío se faen
desde Oviedo. Pra MDGA a edición de A FREITA constitue un fito histótico
pois na historia da Terra Navia-Eo nunca houbo ningunha outra publicación
escrita enteiramente en galego.
A aparición de A FREITA provocou un cambeo de actitude significativo
no tratamento que dende certas esferas periodísticas e políticas
se lle daba a actividade da MDGA. Tal perece que a ousadía de editar
desde Asturias e por asturianos unha revista totalmente en galego desde
onde se pode expresar calquera opinión, non gusta na capital do Principado
e intentan botar mao das inxurias máis noxentas pra taparnos a boca.
O que a min me extraña é que esa xente inda non aprendera
que con nos non poden e que nin elos nin nadie, con subvenciois ou sen elas,
van a fernos calar.
Ven esto das subvenciois a conto porque sempre se nos acusou de que recibíamos
moitos cartos e axudas de todo tipo desde Galicia. Certo é que aló
polo ano 89, sendo director da Oficina de Política Lingüística
da Consellería de Educación da Xunta de Galicia Adolfo de
Abel Vilela, recibimos da devandita Oficina 1.200.000 pts. e da Oficina
de Política Lingüística da Consellería de Educación,
Cultura e Deporte do Principado de Asturias 200.000 pts. Pro neste ano de
crise de 1992 as subvenciois que desde o Principado e desde a Xunta nos
concederon pro que inda non se fixeron efectivas, non nos chegan nin pra
pagar e edición completa de tres números da revista A FREITA
(da que se fain cincocentos exemplares por número), e eso que as
colaboraciois e todo o traballo hasta que entra na imprenta non nos costa
nada. Non é o caso detallar pra que actividades nos foron concedidas
as subvenciois e basta decir que xiran todas oredor da investigación
lexicográfica e lingüística. Pro si quero destacar que
todo o que se pediu pra campañas de normalización lingüística
foinos denegado tanto por Asturias como por Galicia.
E chegado a este punto, gustaríame fer unha breve reflexión:
Penso que a M.D.G.A. (Mesa pra Defensa del Galego de Asturias e da Cultura
da Comarca) está levando a cabo nos concellos asturianos de fala
galega un sensato e intenso intento de recuperación cultural e de
defensa do galego que precisaría de máis atención e
mais axuda por parte daquelas autoridades politicas e lingüísticas
que teñan a obriga de protexer a lingua galega falada nos territorios
limítrofes da comunidade autónoma de Galicia.
No que atinxe as axudas que podíamos chamar non económicas
pode decirse que levaron e levan un camiño paralelo, pois salvo raras
excepciois, todo aquel interese ou morbo que provocou nos primeiros tempos
a MDGA foise esmorecendo. Algún dos aquí presentes saben das
miñas queixas e cabreos pola indiferencia que, precisamente naquelos
días de marzo nos que se nos concedeu este premio, amosaban hacía
nos xentes que un par de anos antes parecían estar moi interesadas
no tema do galego exterior. Podía estar horas e horas falando dos
desprecios que recibimos de certas instituciois culturais e lingüísticas
galegas e como exemplo claro e conciso destos desprecios basta decir que
por varias veces a MDGA dirixiuse oficialmente por carta á Real Academia
Galega, concretamente ó seu Presidente e ó seu Secretario
sen que hasta o momento se dignaran a contestarnos. (MNL, ILGa)
Á vista de todo esto, non cabe dulda de que a existencia da MDGA
resulta incómoda, entre outros, prá Consejería de Educación,
Cultura, Deporte y Juventud del Principado de Asturias e pra algunhas das
autoridades lingüísticas (e quizais políticas) de Galicia.
Esta xente, que xa se deu conta de que a MDGA medra cada ano que pasa e
que se decatou de que os vaticinios feitos por algún que outro vidente
político, (como aquel que fixo o anterior presidente do Principado,
Pedro de Silva, que pronosticou que "los galleguistas caeran en su
propia melancolía"), non se cumpliron, pretende agora afogarnos
económicamente pois saben ben que calquera actividade precisa de
cartos pra súa posta en marcha.
A estas alturas do 1992 é verdadeiramente curiosa a situación
socio-lingüística na que se atopa a Asturias de fala galega.
Por unha parte a Xunta non promociona o galego na veira dereta do Eo porque
non quere que a acusen de inxerencia e quizais tamén por non provocar
conflitos interrexionais como parece ser que máis dunha vez estiveron
a punto de xurdir. Por outra banda o Principado, loxicamente e despois de
moitas protestas, non extende as súas raquíticas compañas
de normalización do asturiano fora dos límites lingüísticos
do bable e tampouco fai promoción do galego de Asturias. Deste xeito
os concellos asturianos de fala galega constitúense, sen querer,
nunha terra sen dereitos lingüísticos nin culturais. Oficialmente
non temos máis lingua nin máis cultura que a castellana.
Campañas tales como as de promoción do cambeo do nome propio
castelán polo autoctono a nos non nos chegan pois unhas morren na
veira do Eo e outras na veira do Navia.
Outro tanto pasa coas campañas en favor da lectura de libros na
lingua autoctóna: As que se fain en Galicia pra o libro en galego
non pasan a raia e as que se fain en Asturias pra o libro en asturiano quédanse
na serra de Carondio.
Nos restaurantes, bares, cantinas e outros establecimentos máis
ou menos públicos da Asturias de fala asturiana poden verse indicadores,
rótulos, letreiros e incluso as cartas dos menús en asturiano
por mor dunha campaña que leva a cabo o Principado baxo o título
de: "esta casa ponlo en asturiano"; non é mester decir
que na Nosa Terra non houbo ningunha campaña asomellada a prol do
galego de Asturias.
En vista de que nin as autoridades administrativas galegas nin as asturianas
levan a cabo ningunha campaña de normalización lingüística
na Nosa Terra, a MDGA pidelles sistemáticamente subvenciois pra facer
algo asomellado e sistemáticamente tamén lle son denegadas.
Ante este feito de innegable abandono e marxinación cultural e perante
a evidencia de que a Xunta non pode o Principado non quere e á MDGA
non lle deixan, ocúrreseme preguntar: ¿Quen ten que fer as
campañas de promoción lingüística na Asturias
de fala galega?
Non fai falta ser adiviño pra profetizar que a Consellería
de Educación Cultura, Deporte y Juventud do Principado por medio
da súa Oficina de Política Lingüística planean
un golpe de mao pra dentro de pouco que vai a consistir na presentación
dunhas normas ortográficas pra o galego de Asturias (ou galego-asturiano
como elos dicen) claramente asturianizantes e polo tanto antigalegas con
a aceptación do y grego, do apóstrofo e do yeismo gráfico
e algunha que outra incongruencia máis coa única intención
de xebrar ortografícamente o noso galego do galego comun e dese xeito
crear inda máis confusión que que á hora da verdade
é o que máis lles interesa.
Así as cousas, anúnciase que no mes de setembro que mañá
empeza os presidentes das comunidades automas asturiana e galega, señor
Fraga e señor Vigil, celebrarán un dos chamados cumios interautonómicos.
Pois ben, desde este foro, con todos os aquí presentes por testigos,
eu, humilde e rebaixado servo de ambolos dous presidentes, atrévome
a pedirlles que sen medo e sen estúpidas ideas colonizadoras, afronten
e solucionen dunha vez por todas o problema linguístico e socio-cultural
das terras asturianas de fala galega.
|